
NOCHE Y NIEBLA
Alain Resnais, 1955
32´. Cine. Subtítulos en castelán.
NUIT ET BROUILLARD / NOCHE Y NIEBLA
(Francia, 1955)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Jean Cayrol, asesorado por Olga Wormser e Henri Michel. Produción: Argos Films, Como Films, Cocinor. Fotografía: Ghislain Cloquet e Sacha Vierny. Duración: 32 minutos.
Un fermoso día de verán, poucos anos despois da liberación e do descubrimento dos campos de exterminio nazis, a cámara de Alain Resnais penetra nun Auschwitz deserto. Unha das crónicas do horror máis demoledoras da Historia do cinema. Premio Jean Vigo e Gran Premio en Karlovy Vary.