SOLARIS
Andrei Tarkosvki, 1972
145´. Subtítulos en castelán.
SOLARIS
(Unión Soviética, 1972)
Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Andrei Tarkovski e Friedrich Gurenstein, sobre a novela homónima de Stanislaw Lem. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Yusov. Intérpretes: Natalia Bondarchuk, Donatas Banionis. Duración: 145 minutos.
A misión Solaris estableceu unha base nun planeta onde hai indicios de vida. Tras a misteriosa morte dun dos tres científicos encargados da base, un psiquiatra viaxa para substituílo. Axiña comprenderá a desconcertante natureza da súa misión. Premio Especial do Xurado en Cannes para unha inesquecible versión da novela de Stanislav Lem que, en plena guerra fría, chegou a ser publicitada como o “2001” soviético.