LA VITA CHE VORREI
Giuseppe Piccioni, 2004.
125´. Subtítulos en castelán.
LA VITA CHE VORREI
(Italia-Alemaña, 2004)
Dirección: Giuseppe Piccioni. Guión: Giuseppe Piccioni, Linda Ferri, Gualtiero Rosella. Produción: Lumière & Co., Rai Cinema, Mikado Film. Fotografía: Arnaldo Catinari. Intérpretes: Sandra Ceccarelli, Luigi Lo Cascio, Galatea Ranzi. Duración: 125 minutos.
O amor inunda o estudio de gravación cando a Laura a elixen para interpretar á irresistible actriz principal que ten a súa réplica en Stefano, nun filme no que son amantes secretos. Comeza a rodaxe e o actor, reservado e contido, cede á intensa atracción que sente por Laura, na que advirte unha espontánea xenerosidade nas súas emocións. Recitan verbas de amor e van namorando, coma se fosen descubrindo unha nova linguaxe e o misterio de novos sentimentos.