
NO HABER OLVIDADO NADA
Marcelo Expósito, Gabriel Villota e Fito Rodríguez, 1998
57´. Vídeo. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
NO HABER OLVIDADO NADA
(España, 1998)
Dirección, produción e guión: Marcelo Expósito, Gabriel Villota e Fito Rodríguez. Duración: 57 minutos.
A partir dunha desmontaxe crítica da serie sobre a transición española realizada para Televisión Española pola xornalista Victoria Prego, unha narración que incide na Transición española como mito fundacional da orixe da nosa sociedade, do estado das cousas presente. A desmemoria pública, e aínda máis, a «reescritura» mitolóxica da transición, é o foco crítico que contén. Cada unha das partes da narración estrutúrase de forma hipertextual incluíndo material de arquivo, gravacións directas e entrevistas a distintos intelectuais como Cecilia e José Bartolomé, Eduardo Subirats e Juan Ramón Capella.