
LOLA
Jacques Demy, 1960
85´. Subtítulos en castelán.
LOLA
(Francia, 1960)
Dirección e guión: Jacques Demy. Fotografía: Raoul Coutard. Produción: Carlo Ponti e Georges de Beauregard para Rome-Paris Films. Intérpretes: Anouk Aimée, Marc Michel, Jacques Harden. Duración: 85 minutos.
Dedicada a Max Ophuls, próxima ao universo de Josef Von Sternberg, relata a historia de amor entre Roland, un rapaz de vida gris e Lola, unha fermosa bailarina de cabaré e nai solteira, na que recoñece a unha amiga da adolescencia. Espléndida Anouk Aimée nun título referencial no que Demy propón unha primeira correlación dos compoñentes escenario-marco-personaxes.