FRAUDE
Orson Welles, 1975.
85´. Subtítulos en castelán. Día 24: Presentación do libro La última mirada: testamentos fílmicos a cargo do seu autor Domènec Font. Entrada gratuíta.
F FOR FAKE / FRAUDE (Francia-Irán-Alemaña, 1975) Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles e Oja Kodar. Produción: Janus Film, Les Films de l´Astrophore, SACI. Fotografía: Gary Graver. Intérpretes: Orson Welles, Oja Kodar, Joseph Cotten, Clifford Irving, Elmyr de Hory. Duración: 85 minutos. Unha das pezas fundacionais do cinema moderno, sutil e lúdica reflexión que fai cambalear as nocións de documental e ficción. Partindo dun achegamento ás relacións entre a arte, a representación e a mentira, baseada nun filme de François Reichenbach sobre o falsificador Elmyr de Hory, entrevistado por Clifford Irving, autor á súa vez dunha falsa biografía do magnate Howard Hughes, Welles deixa no seu último título (concluído) as pegadas da súa iconoclastia e a capacidade de abrir camiños.