
NO QUARTO DA VANDA
Pedro Costa, 2000.
170´. Subtítulos en galego.
NO QUARTO DA VANDA
(Portugal-Italia-Alemaña-Suíza, 2000)
Dirección, guión e fotografía: Pedro Costa. Produción: Contracosta, Pandora Film, Ventura Film, TSI, ZDF. Intérpretes: Vanda Duarte, Zita Duarte, Lena Duarte, Antonio Moreno, Paulo Nunes, Paulo Gonçalves, Pedro Lanban, Fernando Paixão. Duración: 170 minutos.
Maxistral incursión na vida da barriada lisboeta de Fontinhas. Un dos títulos menos compracentes dos últimos anos, dirixido polo mestre portugués Pedro Costa, cineasta duro e extremo onde os haxa. Mención especial do xurado no Festival de Locarno e premio en Cannes, retrata as crúas vidas dun grupo de individuos nunha zona degradada, centrándose de modo especial na existencia de Vanda, unha muller adicta á heroína, mentres ao seu redor as escavadoras perfilan un novo futuro, onde eles non contan en absoluto.