Leo
José Luis Borau, 2000
104'. Cero en conducta. Entrada gratuita. Táboa redonda con: Ángel Luis Hueso, Ángel Quintana, José Manuel Sande e moderada por un representante da AEHC.
LEO (España, 2000) Dirección e guión: José Luis Borau. Produción: El Imán, coa participación de TVE e Vía Digital. Fotografía: Tomás Casadevall. Intérpretes: Icíar Bollaín, Javier Batanero, Luis Tosar, Rosana Pastor, Valeri Jlevinsky. Dur.: 104 min. Na España multirracial que converxe na periferia dos polígonos industriais, preséntase un sobrio e axustado relato de amor e morte onde a claridade narrativa e o compromiso moral do autor amosan as corruptelas sociais máis arraigadas na nosa época. Premio Goya á mellor dirección nunha perfecta amálgama dos seus modos narrativos e métodos de traballo.