
Naturalidade silvestre: Roger de Flor
Carlos Alberto Alonso, 2010.
86’. Vídeo. Entrada gratuíta.
Presentación: Carlos Alberto Alonso, Roger de Flor
NATURALIDADE SILVESTRE: ROGER DE FLOR
(España, 2010)
Dirección, guión e fotografía: Carlos Alberto Alonso. Produción: Carlos Alberto Alonso e Rubén Coca PC. Duración: 86 minutos.
Longametraxe documental en torno á figura do cantante e compositor fenés Roger de Flor. Coa escusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu último disco, dáse a coñecer a situación actual dos moitos artistas de locais de pequeno aforamento en Galicia, así como afondar nas motivacións deste creador autodidacta, bohemio e independente.