NANOOK, EL ESQUIMAL
Robert J. Flaherty, 1922.
79´. Acompañamento musical en directo a cargo de Roberto Mallo e Miguel Prado con narración de Belén Regueira. Entrada gratuíta.
NANOUK L´ESQUIMAU / NANOOK OF THE NORTH / NANOOK EL ESQUIMAL
(Francia-Estados Unidos, 1922)
Dirección, guión e fotografía: Robert J. Flaherty, sobre unha idea de Frances H. Flaherty. Produción: Les Frères Revillon, Pathé Exchange. Intérpretes: Allakariallak, Nyla. Duración: 79 minutos.
Considerada obra pioneira do documental, Flaherty filma a vida e costumes dos esquimós de Port Huron, preto da Baía de Hudson (Canadá). Lírica e incisiva, unha película influente chea de momentos grandiosos (a construción do iglú, a caza da foca,...) onde a actualidade filmada adquire visos de mito ou tratamento poético. Flaherty chega a restaurar rituais que xa non existían, nunha concepción antes de colaboración cos suxeitos filmados que de imposición. O documento aparece como recreación dun pasado que desaparecía pola acción depredadora do home, sen obviar a súa condición artística, a manipulación e selección de elementos da realidade.