Morir de día
Laia Manresa e Sergi Dies, 2010
98’. Vídeo. Subt. Castelán. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
MORIR DE DÍA
(España, 2010)
Dirección: Sergi Dies e Laia Manresa. Guión: Laia Manresa. Produción: Marta Andreu, Daria Esteva. Fotografía: Carles Gusi. Duración: 98 minutos.
Cataluña, finais dos anos 70, inicios dos 80. En pleno apoxeo contracultural, a chegada da heroína a España é tamén o relato de moitos que viviron a fondo a súa liberdade. Un proxecto herdado de Joaquín Jordá –recupéranse mesmo imaxes que filmou en Formentera- e aproveitado polos seus xenuínos seguidores (a súa guionista, Laia Manresa; o seu montador, Sergi Dies) que lanza produtivas liñas de fuga centrándose, sobre todo, no recordo de catro desaparecidos: Pau Maragall (irmán de Pascual, coñecido como Pau Malvido), o poeta e pintor Pepe Sales, Mercé Pastor (compañeira do músico Pau Riba) e Juanjo Voltas. Unha mestura de recursos narrativos nun documental sobre amigos desaparecidos, creatividade, compromiso e tempos con posibilidades.