Moi, un noir
Jean Rouch, 1957
73'. DCP. Subt. Castelán
Moi, un noir
(Francia, 1957)
Dirección e guión: Jean Rouch. Intérpretes: Oumarou Ganda, Gambi, Petit Touré. Dur: 73'.
Mozos nixerianos deixaron as terras do interior para vir buscar traballo á Costa de Marfil. Remataron en Treichville, barrio popular de Abidjan, desenraizados na civilización moderna. Un protagonista que se fai chamar Edward J. Robinson en honor ao actor americano conta a súa historia. Os seus amigos tomaron, do mesmo xeito, pseudónimos destinados a forxarlles, simbolicamente, unha personalidade ideal. PREMIO LOUIS DELLUC 1959.