![Mimosas Mimosas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3783.jpg?itok=O-85Tn3_)
Mimosas
Oliver Laxe, 2016
96'. DCP. Subt. Galego. Presentación: Oliver Laxe. Entrada gratuita
Mimosas
(España, Marrocos, Francia, 2016)
Dirección: Oliver Laxe. Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol. Fotografía: Mauro Herce. Intérpretes: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad. Dur: 96’.
Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir o patriarca moribundo ao lugar onde naceu, no que espera encontrar, á fin, o repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño.
Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.
Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueables montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.