Mi vecino Totoro
Hayao Miyazaki, 1988.
86’. Versión castelá. Entrada gratuíta.
MI VECINO TOTORO / TONARI NO TOTORO
(Xapón, 1988)
Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Produción: Studio Ghibli, Tokuma-Shoten e Nibariki. Duración: 86 minutos.
Mei e Satsuki son dúas irmás que se mudan con seu pai a vivir a unha cabana no campo. Un día, por casualidade, a máis pequena descobre a existencia dos totoros: espíritos gardiáns do bosque que só os nenos de corazón puro son capaces de ver. Xunto a estas criaturas e o gatobús, Mei e a súa irmá descubrirán o valor da amizade, do amor e da familia nunha marabillosa e inesquecible aventura que as levará máis alá da súa imaxinación. Terceira película de Hayao Miyazaki realizada no estudio Ghibli que se estreou en 1988 en Xapón e rapidamente se converteu nun auténtico fenómeno cultural. Recomendada a partir de 5 anos.