![Los hongos Los hongos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3412.jpg?itok=liJyOEek)
Los hongos
Óscar Ruíz Navia, 2014
103'. DCP.
LOS HONGOS
(Colombia, Francia, Arxentina, Alemaña, 2014)
Dirección: Óscar Ruíz Navia. Guión: Óscar Ruíz Navia, César Acevedo. Intérpretes: Jovan Alexis Marquinez Angulpo, Calvin Buenaventura Tascón, Gustavo Ruíz Montoya, Atala Estrada. Dur.: 103'.
Cada noite logo do traballo na construción, Ras dedícase a pintar grafitis polo seu barrio de Cali. Non volveu a durmir e comeza a soñar esperto. Un día perde o traballo por roubar varios tarros de pintura cos que estaba elaborando un gran mural.