Longe+ Volta à Terra
VV.AA, 2014-2016
113'. DCP. Subt. Galego. Presentación: Miguel Castelo, J. Oliveira y J.P. Plácido
Longe
(Portugal, 2016)
Dirección e guión: José Oliveira. Fotografía: Manuel Pinto Bastos. Intérpretes: José Lopes, Manuel José Martins, Rui Carvalho, Carlos Carvalho, António Carvalho, Nelson Fernandes, Dulce Pascoal, Luísa Braga, Hélder Castro, Marta Onofre, Miguel Figueiredo, Inês Lopes. Dur: 36'.
Un home vaise aproximando a unha gran cidade polos accesos máis secretos, áridos, salvaxes. Chega e avista a cidade de Lisboa dende as alturas e por riba dos montes. Alí, de onde saíu hai moitos anos, séntese un estraño. Recoñece e non recoñece a paisaxe e o ambiente. Que o atrae e o repele. Procura amigos, coñecidos, lugares, unha filla que lle chegou por carta despois de tanto tempo. Descobre e redescobre un último reduto onde se sente en casa. Mais parte, á fin, parte.
Volta à Terra
(Portugal, Suíza, Francia, 2014)
Dirección e fotografía: João Pedro Plácido. Guión: João Pedro Plácido, Laurence Ferreira Barbosa. Dur: 77'.
Volta à Terra conta a historia dunha comunidade en perigo de extinción: campesiños que practican a agricultura de subsistencia nunha aldea das montañas do norte de Portugal, deserta debido á inmigración. Entre a evocación do seu pasado e o seu incerto futuro, seguimos os 49 habitantes ao longo de catro estacións. Entre eles coñecemos a António, un antigo emigrante que cumpriu o seu soño de volver á casa, quen se encarga de preparar as festas do próximo verán, e a Daniel, un mozo pastor que soña co amor ao anoitecer. (Cineuropa)