Long men kezhan / La posada del dragón
Tu Chung Hsun, 1970
90'. DCP. Subt. Castellano
Long cheng shi ri / A City Called Dragon
(Taiwán, 1970)
Dirección: Tu Chung Hsun. Guión: Tu Chung Hsun, Han Wu. Fotografía: Chou Yeh-Hsing. Intérpretes: Hsu Feng, Shih Chun, Hui Lou Chen. Dur: 90'.
Na dinastía Song do Sur, a heroína Shang Yen-Chih aventúrase na importante base militar controlada polos Jin, Cidade do Dragón, para se topar co camarada revolucionario Chen Yang-Xin, quen posúe un mapa secreto de resistencia contra eles. Descobre, porén, que toda a familia Chen foi executada polo xeneral dos Jin, Bu Lung. Para dar co mapa secreto, Shang Yen-Chih segue os pasos de Bu Lung e acaba por descubrir, para a súa sorpresa, que o seu antigo inimigo é en realidade un aliado dos Song que leva infiltrado anos...
A City Called Dragon está construída con base nun argumento cheo de suspense, con localizacións escollidas meticulosamente e unha tensión dramática que corta o alento. A debutante Hsu Feng impresiona especialmente no seu papel da heroína Shang Yen-Chih e loce figura co seu vestido de época. A potente interpretación dela vese acompañada polo retrato do xeneral Bu Lung ofrecido por Shih Chun. Xuntos logran facer do gradual cambio da rivalidade á empatía dos protagonistas, un dos aspectos destacados do filme.