Lola
Alfredo Pardo, 2012
12'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
LOLA
(España, 2011)
Dirección: Alfredo Pardo. Guión: Max Cabanes, sobre o seu cómic Roberta. Produción: Chantada Films. Fotografía: César Seijas. Intérpretes: Uxía Blanco, Mela Casal, Darío Loureiro, Irene Puyol. Duración: 12 minutos.
O pai de Cibrán decide que este pase uns días no Pazo de Abral tras a morte da súa nai, onde os caseiros son os seus tíos. Coa chegada duns xornaleiros e unha moza, Lola, Cibrán descobre a atracción sexual, a sensualidade. Narración de Carlos Blanco, relato orixinal de banda deseñada e música de Sergio Pena para este conto de iniciación á vida.