Lie huo / The Grand Passion
Yang Shih-Ching, 1970
84'. DCP. Subt. Castellano
Lie huo / The Grand Passion
(Taiwán, 1970)
Dirección e guión: Yang Shih-Ching. Fotografía: Hua Hui-Ying. Intérpretes: Lingfeng Shungguan, Bai Ying, Shih Chun. Dur: 84'.
Durante a dinastía Song do Sur, o xeneral Yue Fei manda o soldado rebelde Zheng Yun infiltrarse na base inimiga de Damingfu. A súa misión, é entregar unha listaxe secreta aos rebeldes da Sociedade Zhongyi do Monte Taihang para que os dous exércitos poidan unir forzas e retomar a chaira central. Sen que os rebeldes o saiban, o comandante de Damingfu, Ye-Lu, xa foi alertado, o que leva a Zheng Yun á súa desafortunada morte e deixa a Lu Liu e a súa irmá Lu Xiao-Ling como a última esperanza dos rebeldes para completaren a misión. Poderán os xemelgos prevalecer á resultante batalla de enxeño e entregar con éxito a listaxe no monte Taihang?
The Grand Passion é un tenso drama histórico de complexas relacións e unha vívida narrativa chea de xiros. Malia a súa curta duración, 85 minutos, o filme consegue reconstruír con éxito a perigosa rebelión contra os Jin durante a dinastía Song do Sur e deixa á vez o público sen respiración.