
LEÓN Y OLVIDO
Xabier Bermúdez, 2004.
112´. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.
LEÓN Y OLVIDO
(España, 2004)
Dirección e guión: Xabier Bermúdez. Produción: El Paso PC SL e Xamalú Filmes. Fotografía: Alfonso Sanz. Intérpretes: Marta Larralde, Guillém Jiménez, Gary Piquer. Duración: 112 minutos.
León e Olvido son dous irmáns xemelgos –el con síndrome de Down– orfos desde hai cinco anos. Como única herdanza conservan a casa na que viven e un coche. Marcados por unha relación contraditoria, entre o cariño e a disputa constante, a vida de Olvido muda cando atopa o amor. Premios para Xabier Bermúdez e Marta Larralde en certames como Karlovy Vary, Málaga, Ourense e Toulouse.