![LA FORTERESSE LA FORTERESSE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1737.jpg?itok=fy9VIg0m)
LA FORTERESSE
Fernand Melgar, 2008.
100´. Subtítulos en galego. Presentación coa presenza de Kàtia Lurbe i Puerto, investigadora do ESOMI e o IRIS. Entrada gratuíta.
LA FORTERESSE / [A FORTALEZA]
(Suíza, 2008)
Dirección: Fernand Melgar. Produción: Climage Audiovisuel. Fotografía: Camille Cottagnoud. Duración: 100 minutos.
Unha visita a un centro de recepción de solicitantes de asilo político en Suíza. Douscentos homes, mulleres e nenos esperan o veredicto das autoridades do país coa política máis restritiva de Europa ao respecto. As relacións que se establecen entre os solicitantes e os funcionarios camiñan entre a empatía e a desconfianza. Só o 1% obtén o estatuto de refuxiado. Para o resto, un permiso provisional de residencia ou 24 horas para abandonar o país. Sesenta días –o tempo en que se debe dirimir o proceso- entre os muros da fortaleza.