
La bestia humana / La bête humaine
Jean Renoir, 1938
100'. DCP. Subt. Castelán
La bestia humana / La bête humaine
(Francia, 1938)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jean Renoir, baseado na novela de Émile Zola. Intérpretes: Jean Gabin, Simone Simon, Fernand Ledoux, Julien Carette. Dur.: 100'.
Jacques Lantier, condutor dunha locomotora París-Le Havre, sofre pulsións agresivas por mor da súa herdanza xenética. Os seus intentos por establecer unha relación con Flore fracasan e acaba namorándose de Sévérine, a esposa nova do subxefe de estación Roubaud. “Existe o filme-triángulo (La Carrose d’or), o filme-círculo (El río); La Bête humaine é un filme directo, o que significa tanto como dicir que se trata dunha traxedia.” (Claude de Givray)