Ignotus
Algarabía, 2000
16´. Presentación. Entrada de balde.
IGNOTUS
(España, 2000)
Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde. Guión: Daniel Domínguez. Produción: Algarabía Animación, Lúa Films e TVG. Duración: 16 minutos. Un neno orfo consegue sobrevivir a fame negra de 1853 coa axuda de Rosalía, unha moza escritora de clase social acomodada, quen lle proporciona alimento e roupa ó rapaz. Esta é unha obra de animación con personaxes de plastilina, na que tamén se ensalza a figura de Manuel Murguía con motivo do día das Letras Galegas de 2000. A historia baséase no relato orixinal homónimo escrito por Murguía e publicado en Los Precursores (1853). Música de Gastón Rodríguez.