Hijos de Sansón
Eloy Domínguez, 2011
27'. Vídeo. Presentación polos seus autores. Entrada de balde.
FILLS DE SAMSÓ / HIJOS DE SANSÓN
(España, 2011)
Dirección: Eloy Domínguez Serén. Guión: Víctor Barberà Aranda, Eloy Domínguez Serén e Luis Rodríguez. Produción: Lisa Andracke, Master de Documental da Universitat Autónoma de Barcelona. Fotografía: Joan Cuevas. Duración: 27 minutos.
Primeiro traballo do tamén crítico cinematográfico galego Eloy Domínguez (1985), un irónico documental narrado en primeira persoa en torno aos temores que axexan os homes cando se enfrontan ao inimigo ancestral da calvicie. Esta perda imprevisible e incontrolable serve ao autor para ir desmontando, con grandes doses de humor, algunhas das presuncións da masculinidade tradicional, como a invulnerabilidade do varón, o control, a competitividade, a sedución ou a virilidade. Ó longo deste proceso, o director realizará unha busca desesperada que o levará dende compartir o seu desasosego con amigos e familiares ata recorrer á axuda de sorprendentes especialistas, para, finalmente, escoitar os divertidos consellos de homes calvos, que pasaron por esa mesma situación anos atrás.