
Estigmas
Adán Aliaga, 2009.
100’. Entrada gratuíta
Presentación (21 horas): Xosé Zapata (produtor)
ESTIGMAS
(España, 2009)
Dirección e guión: Adán Aliaga, sobre o cómic homónimo de Mattotti e Piersanti. Produción: IB Cinema, Jaibo Films, Nadir Films e Salto de Eje. Fotografía: Pere Pueyo. Intérpretes: Manuel Martínez, Marieta Orozco. Duración: 100 minutos.
Bruno, un home rudo e adicto ao alcohol, un día logo de espertar comeza a sangrar polas mans. Bruno inicia unha viaxe de redención cos seus moitos estigmas. Segunda longametraxe de Adán Aliaga despois do éxito crítico do documental La casa de mi abuela, un título atípìco e orixinal no cine español recente que bebe mesmo en Freaks de Tod Browning e que obtivo o premio ao mellor director na Seminci de Valladolid 2009.