Elena y los hombres / Elena et les hommes
Jean Renoir, 1956
96'. DCP. Subt.
Elena y los hombres / Elena et les hommes
(Francia, Italia, 1956)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jean Renoir, Jean Serge. Fotografía: Claude Renoir, Jr. Intérpretes: Ingrid Bergman, Jean Marais, Mel Ferrer, Juliette Gréco. Dur.: 96'.
Elena, unha princesa polaca, sae á rúa para celebrar o 14 de xullo e encontra a euforia coa que os parisienses aclaman ao xeneral Rollan. O xeneral fica impresionado pola beleza de Elena, comprometida co comerciante de calzados Martin Michaud. “Dicir que Renoir é o máis intelixente dos cineastas equivale a dicir que é francés ata a medula. E se Elena y los hombres é ‘o’ filme francés por excelencia, é porque se trata do filme máis intelixente do mundo. A arte ao mesmo tempo que a teoría da arte. A beleza ao mesmo tempo que o segredo da beleza. O cine ao mesmo tempo que a explicación do cine.” (Jean-Luc Godard)