El río / The River
Jean Renoir, 1950
99'. DCP. Subt. Castelán
El río / The River
(India, Estados Unidos, Francia, 1950)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Rummer Godder, Jean Renoir, baseado na novela de R. Godder. Fotografía: Claude Renoir, Jr. Intérpretes: Nora Swinburne, Esmond Knight, Patricia Walters, Rada Shri Ram, Andrienne Corri, Thomas E. Breen. Dur.: 99'.
Harriet, a filla máis vella dun matrimonio americano que vive á beira do Ganxes, escribe un diario íntimo en que relata as vivencias da familia, as súas amigas ou a chegada do capitán John, que perdeu unha perna na guerra e que desencadea a rivalidade amorosa entre as adolescentes. “A aventura de Harriet é tamén a narración dunha morte que é ao mesmo tempo un nacemento, isto é, da metamorfose dun avatar; así o leñador convertese en deus, Krishna convértese en leñador. Este filme, o máis rico en metáforas, non ten máis argumento que a metáfora mesma ou o coñecemento mesmo.” (Jacques Rivette)