El hombre robado
Matías Piñeiro, 2007.
90‘. Vídeo. Día 15: Presentación a cargo de Matías Piñeiro. Entrada gratuíta.
EL HOMBRE ROBADO
(Arxentina, 2007)
Dirección e guión: Matías Piñeiro, sobre textos de Domingo F. Sarmiento e J.M. de Rosas. Produción: Pampero Cine e Universidad del Cine. Fotografía: Fernando Lockett. Intérpretes: María Villar, Romina Paula. Duración: 90 minutos.
Mercedes traballa nun museo e Leticia noutro situado enfronte. Leticia decide entre Pablo e Andrés. Escolle a éste último. Mercedes quere deixar a Leandro pero é incapaz. Porén, escolle entre os obxectos do museo (de Música) e os cambia por outros. O seu mozo vende os orixinais nalgunha feira de San Telmo. En correspondencia coa trama, unha audaz narración de cruces, desencontros e traspasos, que remite na súa lograda posta en escea a Rivette ou Godard. Unha ópera prima na que o anacronismo deliberado e o romantismo amosan a súa utilidade estética.