Der Bräutigam, die Komödiantin und der Zuhälter / El novio, la actriz y el chulo; Les yeux ne veulent pas en tout temps se fermer, ou Peut-être qu'un jour Rome se permettra de choisir à son tour / Othon
Danièle Huillet e Jean-Marie Straub (1968-1969)
121'. DCP. Subt. Castelán
Der Bräutigam, die Komödiantin und der Zuhälter / El novio, la actriz y el chulo
(República Federal de Alemaña, 1968)
Dirección: Jean-Marie Straub. Guión: Ferdinand Bruckner, Juan de la Cruz, Helmut Färber. Fotografía: Hubs Hagen, Klaus Schilling. Intérpretes: Irm Hermann, Kristin Peterson, Hanna Schygulla, Peer Raben, Rainer Werner Fassbinder. Dur: 23'.
Unha das primeiras curtametraxes de Straub, en que traballa cunha compañía de teatro e filma a obra nun só plano que corta aos dez minutos, case a xeito de condensación e relectura da posta en escena sobre as táboas. Como introdución e desenlace engade outras dúas secuencias filmadas tamén cunha gran concreción: tratan dun home que casa cunha prostituta, para o que deben librarse antes do chulo dela, interpretado anecdoticamente por un mozo Rainer Werner Fassbinder.
Les yeux ne veulent pas en tout temps se fermer, ou Peut-être qu'un jour Rome se permettra de choisir à son tour / Othon
(República Federal de Alemaña, 1969)
Dirección e guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub. Guión: Pierre Corneille. Fotografía: Renato Berta, Ugo Piccone. Intérpretes: Adriano Aprà, Anne Brumagne, Ennio Lauricella, Olimpia Carlisi, Anthony Pensabene. Dur: 88'.
Baseada no relato “Othon” de Pierre Corneille, a clásica traxedia romana é interpretada nun contexto urbano e contemporáneo, cos personaxes vestidos conforme á época que representan, mais co tráfico da capital italiana irrompendo na dramaturxia. De novo, un filme da parella gala con moito de mítico e unha forte carga política que, como nos lembra o título deste comisariado, coloca no seu sitio cousas moi antigas xa esquecidas.
-
Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Facer a revolución é volver colocar no seu sitio cousas moi antigas, mais esquecidas (2)