Contra a morte
Alexandre Cancelo e Iago Martínez, 2012.
83’. Vídeo. Presentación coa asistencia dos seus autores.
Entrada de balde.
CONTRA A MORTE
(España, 2012)
Dirección e guión: Alexandre Cancelo e Iago Martinez. Producción: AC/E, IB Cinema, TVG e Agadic. Fotografía: Vanessa Amoedo, Justo Guisasola. Duración: 83 min.
“Contra a morte é un documental arredor da figura do poeta Lois Pereiro, un documental de testemuño que percorre os lugares e convive coas persoas da súa vida, trazando un arco xeracional para se achegar á persoa e ao seu tempo. Lois Pereiro é a presenza constante dun símbolo, un poeta que apostou pola independencia da súa voz fronte á poesía canónica e profesoral, un home que viviu a vida intensamente. Monforte, Madrid, Berlín, A Coruña e O Incio son os lugares polos que os autores transitan perseguindo unha presenza, as voces que narran o paso de Lois Pereiro entre os vivos. Homenaxeado co Día das Letras Galegas o ano 2011, son moitos os ángulos escuros na biografía dun poeta que encarna a modernidade na nosa cultura, o risco, o punk e o underground” (Alexandre Cancelo).