Chanfaina Lab 2
VV.AA, 2015-2016
55'. HD. Presentación. Entrada gratuita
Matías
(España, 2015)
Directora: Sandra Sánchez. Participantes: Matías Bescós Antón e Pancho Bescós Palacios. Dur: 10'.
Matías ten oito anos e vive nunha casa illada rodeada de bosques. Alí, o neno creou o seu pequeno e secreto universo.
Próxima estación, San Sadurniño
(España, 2016)
Directora: Ángeles Huerta. Intérpretes: Ángeles Huerta, Carmen Couce, Carmen Bouza (Maruxa); Sara Ferreira. Produción e asistencia moral: Antón Núñez. Son: Manuel Ferreira e Iria Méndez. Fotografía e montaxe: Sandra Sánchez. Dur: 9'.
San Sadurniño é unha das míticas paradas da liña de vía estreita Ferrol-Xixón, inaugurada polo Xeneralísimo Franco no ano 1962. Cae a tardiña. A viaxe a Xixón dura case dez horas, pero Ángeles ten a sensación que aínda vai chegar a cear coa nai. Unha curta sobre a relatividade do tempo e o espazo.
Soli, soli
(España, 2016)
Director: Eloy Domínguez Serén. Con diálogos de "Le notti bianchi" (Luchino Visconti, 1957), "L'avventura" (Michelangelo Antonioni, 1960) e "La notte" (Michelangelo Antonioni, 1961). Dur: 8'.
Un deambular polas beiras do río Xuvia na procura de espazos furtivos, de intimidade e confidencia, en que o amor nace, medra e morre.
Sibila
(España, 2016)
Directora: Carla Andrade. Son: Marcos Flórez. Música: Sandeep Routh. Reparto: Ángela Arnosa, Víctor Casanova e a egua "Blanca". Dur: 9'.
Sibila viaxa dende Constantinopla ata Naraío para pasar os seus derradeiros días consumida pola melancolía por mor do mal de amor producido polo seu irmán xemelgo Silván. Partindo dunha das múltiples narracións que se suceden e interpolan de forma sincopada no relato de Álvaro Cunqueiro “El Caballero”, recreamos unha pequena historia mediante unha estética depurada e baseada na elipse para contrarrestar o evidente “horror vacui” que caracteriza a súa obra.
Deuteronomio 7:20
(España, 2016)
Directora: Marta Piñeiro. Participantes: Ángela Puentes Galdo, José María Ladra, Lucita María Permuy, Francisco Soto e Juan Grandal. Produción: Xabier Macías. Posprodución de son: Santi Jul e Iván Laxe. Posprodución de imaxe: Enrique Moro. Dur: 15'.
Unha fin de semana en Naraío deu en algo “celestial” grazas a Gelis. Poderes que xorden do ceo e da terra, o "temor de Deus" e a influencia da igrexa no cotián móstranse con desenfado a través das relacións e vivencias desta muller brava.