BOSTON FIRE
Peter Hutton, 1979
8´. Presentación a cargo de Carlos Muguiro, comisario do ciclo. Entrada gratuíta.
BOSTON FIRE / INCENDIO DE BOSTON
(Estados Unidos, 1979)
Dirección, produción e fotografía: Peter Hutton. Duración: 8 minutos.
Atopa grandeza no fume que ascende con elocuencia dun incendio na cidade de Boston. Nubes de escuridade mestúranse con fontes con auga que mana a chorros orquestrando unha obra de elementos primarios. A bela textura do fume unida ao illamento da orixe do incendio borra o impacto destrutivo do acontecemento. O poder da natureza produce imaxes para a reflexión extraídas das causas e consecuencias da escena.