BIENVENIDOS A BELLEVILLE
Sylvain Chomet, 2003
80´. Recomendada a partir de 11 anos. Entrada gratuíta.
BIENVENIDOS A BELLEVILLE / LES TRIPLETTES DE BELLEVILLE
(Francia-Bélxica-Reino Unido-Canadá, 2003)
Dirección e guión: Sylvain Chomet. Produción: Les Armateurs, Production Champion, Vivi Film, France 3 Cinéma, RG Prince Films. Duración: 80 minutos.
Champion é un neno solitario que soña con participar algún día na carreira ciclista máis famosa, o Tour de Francia. Coa axuda da súa avoa, Madame Souza, e o seu can Bruno, adestra para estar preparado. Cando chega ese día, dous misteriosos homes raptan a Champion na carreira. Madame Souza e Bruno cruzan o océano ata a enorme cidade de Belleville para intentar rescatalo. Alí coñecen a tres famosas estrelas do music-hall dos anos 30, as “Trixemelgas de Belleville”, que lles axudarán na loita contra a mafia que retén a Champion. Película singular que, sen apenas diálogos, a través do expresionismo dos debuxos e o emprego da banda sonora, rende homenaxe ao cine (Chaplin, Keaton, Tati, Max Fleischer…) e á música (personaxes que evocan a Josephine Baker, Fred Astaire, Glenn Gould ou Django Reinhardt). Aclamada pola crítica, foi presentada en Cannes 2003 e nomeada aos Óscar 2004 (película de animación, canción orixinal).