BAMAKO
Abderrahmane Sissako, 2006.
120´. Subtítulos en castelán. Presentación coa intervención do crítico Martin Pawley e un membro de Amnistía Internacional. Entrada gratuita.
BAMAKO
(Francia-Mali, 2006)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Fotografía: Jacques Besse. Produción: Archipel 33 (Francia), Chinguitty Film (Francia) e Mali Images (Mali). Intérpretes: Aïssa Maïga, Tiécoura Traoré, Hélène Diarra. Duración: 120 minutos.
Un patio de veciños compartido por varias familias convértese en foro popular. Alí discútese e xúlgase ao Banco Mundial e ao Fondo Monetario Internacional, causantes de moitos dos males que aflixen a África. Chaka, un veciño, en paro e vivindo do que a súa muller gaña como cantante de bar, está máis preocupado polos seus propios problemas e a tensa relación coa súa muller, antes que coa loita do seu país. O sufrimento dunha parte do planeta nun intelixente relato que adopta formatos documentais.