AZUR Y ASMAR
Michel Ocelot, 2006.
99´. Versión castelá. Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto. A partir de 5 anos. Entrada gratuíta.
AZUR Y ASMAR
(Francia, 2006)
Dirección e guión: Michel Ocelot. Produción: Nord-Quest Productions, Eurimages, Intuition Films, Lucky Red, Studio O. Duración: 99 minutos.
Relato inspirado no folclore e nas artes decorativas do Norte de África con música do artista libanés Gabriel Yared que narra a historia de dous rapaces pequenos que son criados como irmáns. Azur é louro de ollos azuis e fillo dun nobre mentres que Asmar é moreno de ollos negros e fillo da ama de cría. A vida sepáraos bruscamente pero reencontraranse cando Azur decida ir en busca da Fada dos Djins. Presentada en Cannes 2006, como noutras obras do mesmo director (a saga Kirikú), estamos ante unha fábula cargada de humanismo e poesía, facendo fincapé na convivencia de diferentes culturas e razas.