
Atrapa la bandera
Enrique Gato, 2015
94'. DCP. Entrada de balde
Atrapa la bandera
(España, 2015)
Dirección: Enrique Gato. Guión: Jordi Gasull, Javier Barreira, Neil Landau. Dobradores: José Corbacho, Michelle Jenner, Carme Calvell. Dur.: 94'.
Richard Carson, un ambicioso multimillonario, quere apoderarse do satélite terrestre e explotar a fonte de enerxía limpa e real do futuro: o Helio 3. Para conseguilo, deberá borrar a xesta dos astronautas do Apolo XI e os seus históricos primeiros pasos pola Lúa. O único capaz de impedilo é un surfeiro de 12 anos simpático e afouto, Mike Goldwing. Os amigos do rapaz, Friki Marty, a futura xornalista Amy e unha lagartiña con aspiracións de Godzilla, viaxarán acompañados polo avó de Mike, un antigo astronauta que leva anos lonxe da familia. Agora está nas mans de Mike, non só salvar o futuro da Terra, senón o da súa propia familia.