Amateur
Olga Ramos, 2016
120'. HD. Subt. Galego
Amateur
(Portugal, 2016)
Dirección e guión: Olga Ramos. Fotografía: Ricardo Rezende. Con: Alexandra Encarnação, Emília Tavares, Filipe Alves, France Scully Osterman, José Luís Neto, Luís Pavão, Margarida Medeiros, Maria do Carmo Séren, Mark Osterman, Rute Magalhães, Sérgio Mah Dur: 120'.
O filme máis recente de Olga Ramos retrata a Carlos Relvas, pioneiro da fotografía no século XIX, “un home de cultura e innovación, que deixou un impresionante legado de aproximadamente 12.000 fotografías”, porén aínda pouco coñecidas en Portugal e no mundo. Coa contribución de Alexandra Encarnação, Emília Tavares, Filipe Alves, France Scully, José Luís Neto, Luís Pavão, Margarida Medeiros, Maria do Carmo Séren, Mark Osterman, Rute Magalhães e Sérgio Mah, AMATEUR pretende “dar visibilidade ao traballo técnico e artístico de Relvas a través dos seus retratos realizados no estudio de luz natural da Golegã e en exteriores no Ribatejo, Lisboa, Porto e no estranxeiro. Imaxes que nos traen con sorprendente vivacidade espazos e vivencias con máis de 100 anos”. (Cinemateca Portuguesa)