
Alegrías de Cádiz
Gonzalo García-Pelayo, 2013
120’. Vídeo. Presentación e coloquio con Álvaro Arroba e Gonzalo García-Pelayo. Entrada de balde.
ALEGRÍAS DE CÁDIZ
(España, 2013)
Dirección: Gonzalo García-Pelayo. Guión: Pablo García Canga e Iván García-Pelayo. Produción: Dato-Sur, Enrique Cerezo Producciones Cinematográficas S.A. e Teyso Media Ficción. Fotografía: José Enrique Izquierdo Bouza. Intérpretes: Oscar García-Pelayo, Patricia Galindo. Duración: 120 minutos.
Dous amigos no Entroido de Cádiz. Un xogador de póker e un cantautor namorados da mesma muller, Pepa, chamada como a primeira Constitución española –interpretada por catro actrices distintas para dar unha completa idea da muller gaditana- vanse fundir na ledicia das rúas. Balbordo, diálogos, sucesión de encontros e personaxes singulares, un resumo da obra fílmica de García-Pelayo no seu regreso ao cine logo de 30 anos. Nomeada ao Goya á mellor canción.