Xia nu / A Touch of Zen
King Hu, 1971
200'. DCP. Subt. Castellano
Xia nu / A Touch of Zen
(Taiwán, 1971)
Dirección e guión: King Hu. Fotografía: Hua Hui-Ying, Chou Yeh-Hsing. Intérpretes: Hsu Feng, Shih Jun, Pai Ying, Toy Chiao Hung, Jackie Chan. Dur:200'.
Equilibrando de forma exquisita as competitivas demandas dos filmes de artes marciais e un retrato coidado do drama humano, a obra mestra de Hu é ao tempo épica e íntima, fantástica e realista, chea de acción e provocadora de pensamento. Cun título chinés que se traduciría como A espadachina, dá fe dun dos moitos exemplos de mulleres guerreiras de Hu, interpretada neste caso pola célebre Hsu Feng, hoxe unha importante produtora. Hsu encarna unha fuxitiva en caza pola cruzada da súa familia contra a corrupción da corte do emperador. Ao redor dela o filme desprega unha multitude de personaxes que se involucran na súa loita e que constrúen así un conflito metafísico entre o mundano e o virtuoso. A Touch of Zen serviu como modelo a Tigre y dragón, unha débeda que Ang Lee recoñece ao incluír unha homenaxe no seu filme á famosa pelexa no bosque de bambú.