
VertiX
Euloxio Ruibal, 2008
39’. Vídeo. Entrada gratuíta.
Presentación: Euloxio Ruibal
VERTIX
(España, 2008)
Dirección e guión: Euloxio R. Ruibal. Produción: Xoán Xosé Piñeiro. Fotografía: Ovidio Fernández. Intérpretes: Mariluz Villar. Duración: 39 minutos.
“Unha muller do común galega perdida nunha gran cidade. Non hai escenificación, só relato. Unha muller, unha voz. Non hai diálogo, senón dialoxismo. Masificación, actos violentos, espazos estraños e hostís contribúen a que medren a angustia e a desorientación. A identidade desintégrase ao chocar brutalmente con outros temas (xenofobia, alienación…), que se tecen, mesturan e confunden” (Euloxio R. Ruibal).