Tie niang zi / La dama de hierro
Sung Tsun-Shou, 1969
89'. DCP. Subt. Castellano
Tie niang zi / La dama de hierro
(Taiwán, 1969)
Dirección: Sung Tsun-Shou. Intépretes: Bai Ying, Chao Ying-Ying, Han Hsiang Chin, Han Hiseh, Kao ming. Dur: 89'.
Ambientada durante a invasión Jin de China na dinastía Song do Sur, La dama de hierro conta a historia da heroína epónima, que se alza neses tempos turbulentos para liderar unha rebelión contra o tiránico inimigo, axudada polo seu honorable carácter e pola mestría do kung fu. Baixo a constante persecución do xeneral Jin, San Ke-Ning, a dama de ferro refúxiase no interior das montañas cos seus subordinados, sen imaxinar que os Jin aproveitarán a súa boa vontade para manipularen os seus sentimentos e creárenlle desconfianza, todo isto como parte dun plan para crebar o seu círculo interno.
La dama de hierro é un dos primeiros traballos de Sung Tsun-Shou, director de Outside the Window. É unha resposta aos filmes de artes marciais populares a raíz de La posada del dragón. O conto da dama de ferro retrata non só o espírito heroico da guerreira e os plans enganosos entre inimigos, mais tamén a debilidade e a devoción inherentes ao corazón humano.