Sesión selección curtas Curtocircuíto
VV. AA.
97’. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
SANGUE DE UNICORNIO
(España, 2013)
Dirección: Alberto Vázquez. Duración: 9 minutos.
Dous osiños saen cazar unicornios, a súa presa predilecta. Os unicornios teñen unha carne suave e un sangue delicioso con sabor a arandos, o que os osiños precisan para se manteren fermosos. Segunda curta do debuxante e ilustrador Alberto Vázquez, logo do Goya acadado por Birdboy. Premio á mellor curtametraxe galega en Curtocircuíto 2013.
MISTERIO
(España, 2012)
Dirección: Chema García Ibarra. Duración: 12 minutos.
Disque se pegas a orella á súa caluga, oes falar a Virxe. Nomeada á mellor curta europea. Mención especial na sección nacional en Curtocircuíto 2013.
A STORY FOR THE MODLINS
(España, 2012)
Dirección: Sergio Oksman. Duración: 11 minutos.
Tras aparecer en La semilla del diablo de Roman Polanski, Elmer Modlin fuxiu coa muller e mais co fillo Nelson a un arredado país. Pasados trinta anos, centos de fotografías e documentos íntimos da familia apareceron tirados nunha beirarrúa. Goya á mellor curta documental. Premio á mellor curtametraxe nacional en Curtocircuíto 2013.
HAMOMILI
(Grecia-Albania, 2012)
Dirección: Zinxhiria Neritan. Duración: 15 minutos.
Está soa. A terra dos vivos fica lonxe e o mundo dos mortos cheira a macela. Unha anciá que vive nunha afastada aldea do norte de Grecia debe encarar o enterramento do home baixo condicións invernais extremas.
PALIM, PALIM
(Suíza-Alemaña, 2013)
Dirección: Marina Klauser. Duración: 20 minutos.
Os camiños de seis protagonistas entrecrúzanse nun motel abandonado. Unha historia caótica que crea misterio e non dá todas as respostas.
TWO ISLANDS
(Finlandia, 2013)
Dirección: Jan Ijas. Duración: 6 minutos.
A historia de dous enormes vertedoiros de lixo de Nova York. Que din da nosa civilización e da “nación máis rica do mundo”? Que clase de herdo han ver os arqueólogos do futuro cando os estuden de aquí a uns séculos? Estreada en Rotterdam.
THE DEVIL
(Francia, 2012)
Dirección: Jean-Gabriel Périot. Duración: 7 minutos.
"Non sabedes quen somos". Imaxes de arquivo históricas: o movemento polos dereitos civís (raciais) no seu momento álxido. Premio á mellor curtametraxe Explora en Curtocircuíto 2013.