Sesión curtametraxes Julieta Triangular, Diego Barrera, Francisco Brives 2009-2010
2009-2010
45’. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
LA AMISTAD SILENTE
(España, 2009)
Dirección: Julieta Triangular. Produción: Colectivo Ladradores de Ojos e Lépidopteros. Intérpretes: Javiera Garcés, Carla Prado. Duración: 7 minutos.
O poeta invadiu a lúa, cada vez ten máis fame, cada vez é máis violento. Intenta facerse dano para volver escribir. Performer, poeta e videocreadora, Julieta Triangular, presenta dúas das súas obras.
CONFUSAS PARTÍCULAS DE LUNA
(España, 2009)
Dirección e guión: Julieta Triangular. Intérpretes: Lucía Perlado, Carlos Martín. Duración: 7 minutos.
Despois dunha eclipse, unha nena extraviada no bosque encóntrase cun piloto coa misión de pintar bolboretas amnésicas. A rapaza intentará evitar que siga a torturarse e viva. El aceptará a súa proposta, mais só se ela antes lle ensina a bailar, a esquecer. Curtametraxe rodada en Súper 8 con música de UKE e Aterciopelados.
SÍNTESIS DE AMOR ORGÁNICO
(España, 2010)
Dirección e guión: Diego Barrera. Produción: O Grelo Producciones, coa colaboración de Labradores de Ojos e La Casa Encendida. Fotografía: Wenceslao Scyzoryk. Intérpretes: Daniel González, Uriel Lakshmi, Eva Álvarez. Duración: 20 minutos.
A semente do amor florece nunha terra nutrida pola dor. Un universo simbolista, onde a interacción e a performance, os espazos e a natureza, xogan un papel fundamental. Unha curta estreada en La Casa Encendida de Madrid e dirixida por Diego Barrera.
ACIDIA
(España, 2009)
Dirección e guión: Francisco Brives. Produción: O Grelo Producciones. Intérpretes: Luisa Aguado. Duración: 13 minutos.
Peza de videoarte sobre a incapacidade de aceptar e facerse cargo da existencia dun mesmo. Unha protesta contra a especulación exercida desde o social e o político sobre o corpo da muller e a imposibilidade de poder estruturarse desde a base dunhas ferramentas propias. O galego Francisco Brives dirixe actualmente a súa segunda longametraxe, Drako.