Sesión 5: A pegada do artista
VV.AA (1969-2015)
76'. Vídeo HD.
Sesión 5: A pegada do artista
Unha gran parte da animación española, sobre todo a anterior aos anos 50, foi experimental, xa que funcionaba baixo o principio de proba e erro. Mais esta sesión recolle outras experimentacións, as de ámbito artístico. Nos anos 70 comeza a se establecer unha industria, coincidindo coa demanda de contidos televisivos; non obstante, hai quen se sente máis atraído pola escena artística e ve na animación un lenzo fantástico en que poden confluír todas as artes. En España non faltan nomes relevantes neste campo: Iván Zulueta (unha das máis destacadas figuras do cine español underground), José Antonio Sistiaga e Rafael Ruiz Balerdi (fundadores, xunto a Chillida ou Oteiza do colectivo de arte moderna vasca Gaur en 1966), Frederic Amat (artista plástico e escenógrafo, cuxa obra Estela foi realizada expresamente para este ciclo), Marcel·lí Antunez (membro fundador do grupo de teatro La Fura dels Baus) ou o tándem David Bestué e Marc Vives (artistas e videocreadores). A sesión tamén achega a extraordinaria interpretación en plastilina do universo dun español universal, Picasso, en Minotauromaquia (2004), e a nova xeración de artistas-animadores Izibene Oñederra, Alberto Vázquez e Laura Ginès que, do mesmo modo que Juan Pablo Etcheverry ou Mercedes Gaspar, proceden da prolífica canteira das Belas Artes.
Get Back, Iván Zulueta, 1969, 5' 20''
Homenaje a Tarzán, Rafael Ruiz Balerdi, 1970, 4' 41''
No sé, Nicéforo Ortiz, 1985, 5' 35''
Impresiones en la alta atmósfera, José Antonio Sistiaga, 1988-89, 6' 32''
20 días de amor, Etxegaraico Goti (José Félix González Placer) 1991, 4' 08’'
Las partes de mí que te aman son seres vacíos, Mercedes Gaspar, 1995, 8' 55''
Geroztik ere… (Y desde entonces…), Begoña Vicario, 1999, 1' 55''
Minotauromaquia: Pablo en el Laberint, Pablo Etcheverry, 2004, 9' 14''
Estado de cambio, David Bestué e Marc Vives, 2010, 6' 35''
Hotzanak, por su propia seguridad, Izibene Oñederra, 2013, 5' 24''
Cromo, Marcel·lí Antunez, (versión lineal do interactivo), 2013, 3' 54''
Sangre de unicornio, Alberto Vázquez, 2013, 9'
Tengo miedo, Laura Ginès, 2014, 3' 30''
Estela, Frederic Amat, 2015, 1' 53''
(Para maiores de 16 anos)