
Sesión 5: Alleos
VV.AA, 1960-1970
118'. HD. Subt. Castelán
Yanki No! Robert Drew Associates, 1960, HD. 60’
La Bataille des Dix Millions, Chris Marker, 1970, DCP. 58’
Rodada para a cadea ABC polos pioneiros do cinema verité Richard Leacock e Albert Maysles, dirixidos por Robert Drew, Yanki No! examina as actitudes dos latinoamericanos cara aos Estados Unidos e conclúe cun chamamento a unha maior colaboración con América Latina. A película difundiu por primeira vez a Fidel Castro entre o público norteamericano, se ben acabaría pregándose aos designios da televisión comitente. La Bataille des Dix Millions foi a segunda película de Chris Marker en Cuba, nove anos despois de ¡Cuba Sí!, cuxo lírico eloxio da Revolución Cubana provocou que fose censurada en Francia. O mesmo cineasta retiraríaa de circulación sen estaren claros os motivos, malia deixarnos esta segunda película, menos efusiva e máis analítica. O filme céntrase no fracaso do afouto chamamento de Fidel para conseguir unha ceifa de dez millones de toneladas de azucre. O documental componse dunha mestura de imaxes emprestadas, na súa maioría procedentes de Santiago Álvarez. No seu día foi un eficaz instrumento de contrapropaganda e na actualidade o filme ofrécenos un testemuño notable de Cuba unha década despois da Revolución, cando o país tentaba manobrar contra os ventos e correntes da Guerra Fría.