Sesión 12: Perspectivas III
Pastor Vega, 1972
100'. 35mm
¡Viva la República!
Pastor Vega, 1972, 35mm. 100’
Viva la República! fai pola prehistoria da Revolución Cubana o mesmo que Esfir Shub fixera na súa altura coas orixes da Revolución Rusa, a través do seu gran documental de montaxe La caída de la dinastía Romanov (1927). Vega ten ao seu dispor o arquivo completo do cine cubano desde os seus comezos, cando o nacemento do cine coincidiu cos capítulos finais da Guerra de Independencia de Cuba. As imaxes de actualidade con escenas desta guerra foron tomadas por cámaras da Compañía Edison. A película analiza esta historia paseniño mediante vellos noticiarios, fotografías e viñetas políticas nun ton irónico e ás veces divertido, a xogar con anacos de metraxe atopada.