Selkirk, el verdadero Robinson Crusoe
Walter Tournier, 2012.
80'. Entrada de balde.
SELKIRK, EL VERDADERO ROBINSON CRUSOE
(Uruguai-Arxentina-Chile, 2012)
Dirección: Walter Tournier. Guión: Enrique Cortés, Mario Jacob e Walter Tournier. Produción: Estebán Schroeder. Duración: 80 minutos.
Selkirk, pirata rebelde e egoísta, é o piloto do Esperanza, galeón inglés que suca os mares do sur na procura de tesouros neste filme de animación de produción latinoamericana. A falta de buques inimigos, os corsarios entretéñense apostando e, en pouco tempo, Selkirk despluma os aforros presentes e futuros á tripulación, gañándose a súa inimizade, sobre todo do capitán Bullock, que decide abandonalo nunha illa deserta. Alí, Serkirk debe sepultar os seus desexos de vinganza e desmedida ambición e encarar un novo xeito de ver o mundo. Así, o egoísmo, a cobiza e o individualismo do protagonista iranse transformando, coa experiencia, en sentimentos moito máis nobres.