A Seara
Pepe Coira, 2016
82'. DCP. Presentación: Pepe Coira. Entrada gratis
A Seara
(España, 2016)
Dirección: Pepe Coira. Guión: Pepe Coira & gAU (Jorge Gómez Cereijo, Alberte González Rodríguez, Manuel López Guitar, Jorge Salvador Fernández). Fotografía: Jaime Pérez
Produción executiva: Carlos Fernández, Inmaculada Castaño, Jesús Vecino. Dur.: 82'.
Esta é a historia dun fracaso. Ou dun éxito. Ou dun fracaso que mereceu a pena. Na Seara do Courel houbo un proxecto de rehabilitación para facer máis atractiva turisticamente a aldea. Para levalo a cabo, era imprescindible a complicidade dos veciños. Anos despois, os arquitectos rememoran aquela experiencia, os desexos cumpridos e incumpridos, os acordos e desacordos, as dificultades e logros daquel proceso que os marcou e que marcou a vida da Seara.