Sara y Juan
Ángel Santos, 2010
21’. Vídeo. Presentación coa presenza dos seus autores e o produtor Daniel Froiz. Entrada gratuíta.
SARA Y JUAN
(España, 2009)
Dirección e guión: Ángel Santos. Produción: Matriuska, coa colaboración de CECC. Fotografía: Alberto Díaz, “Bertitxi”. Intérpretes: Juan Piñeiro, Sara Pazos, Celso Malvar. Duración: 21 minutos.
A primeira vez que Sara e Juan se atopan, mesmo antes de atreverse a achegarse a ela, Juan intenta captar ese instante coa súa cámara de fotos. A partir dese día a parella de mozos comeza unha relación baseada máis nas fotografías que insistentemente Juan toma de Sara que no afecto que poidan sentir o un polo outro, ata que ela decide poñer un límite á obsesión de Juan. Pertencente á serie Os amores mozos.