Samson and Delilah / Sansón y Dalila
Cecil B. DeMille, 1949
131'. DCP. Subt. Castelán
Samson and Delilah / Sansón y Dalila
(Estados Unidos, 1949)
Dirección: Cecil B. DeMille. Guión: Jesse Lasky Jr., Fredric M. Frank, Harold Lamb, Vladimir Jabotinsky (de quen é a novela orixinal). Fotografía: George Barnes. Intérpretes: Hedy Lamarr, Victor Mature, George Sanders, Angela Lansbury. Dur: 131'.
Ambientada na Palestina do 1000 a. C. e baseada no relato bíblico, a película segue os pasos de Sansón (Victor Mature), que intenta conseguir a man da filistea Semadar (Angela Lansbury) fronte aos desexos da súa familia. A súa proba de forza contra un león faille gañar o beneplácito do seu líder, quen aproba o matrimonio. O que non sabe Sansón é que Dalila (Hedy Lamarr), irmá menor de Semadar, consumida polos celos, é quen de chegar moi lonxe e ata de lle arrebatar o segredo da súa fortaleza.